Esta vez os prognósticos acertaron cando non se quedaron cortos para a nosa zona.
Pasados os momentos mais duros destes dous temporais aínda queda repoñer multitude de servizos que se viron afectados, e que se irán normalizando en medida da súa gravidade o permita.
Quedan moitos árbores afectados nos paseos fluviais e áreas. Evitade esas zonas de risco de momento.
Moitos tellados, e cubertas, foron afectados como non se recorda. A subida e aumento dos caudales dos ríos crearon danos serios en estradas locais como a rúa Carballiño, e ponte da Veronza onde houbo que actuar inmediatamente ante o perigo de que afectara a estrada e a ponte.
Moitos árbores afectados pero moitas mais acacias de gran tamaño (a piques de florecer) que tiveron ocupados aos servizos de emerxencia na zona do Ribeiro, problema que non existe noutros lugares sen esta praga .
Como datos recollidos en Ribadavia recolléronse 100 litros o 3 e o 4
O encoro de Albarellos subiu 26 metros nos dous días e está a 6 metros do punto de laminación. Lebozán (Bearíz) de onde recolle as augas o encoro 150 litros o día 3 e 112 o día 4.
A estación de Ribadavia non ten anemómetro pero o refacho da estación mais cercana no val do Miño (Remuiño) díu 83km o día 3.