Imos a informar dos servizos e intervencións dos meses de maio, xuño e xullo de 2020
En maio 139 intervencións, servizos e operativos . Un mes no que non interviñemos en ningún accidentes de tráfico surante a Fase 0-1 e parte da 2
14 animais soltos feridos ou mortos con 4 serpes (bastardas) moi benificiosas para o campo, e que xeneran unas alarmas inxustificadas. Un pau e un caldeiro, e soltalas no monte ou no campo.
8 incidencias en estradas /vía pública por pola, terra, restos de accidentes, 1 incendio camión, 1 incendio forestal , e 2 queimas en malas condicións que sempre arrastran consecuencias.
107 operativos de Protección Civil (101 desinfeccions residencias de maiores, Centros de Saude , PAC de Ribadavia , desinfeccions con tractores, e desinfecccións de vehículos oficiais, e de servizo público neste mes), 4 aperturas de portas/ascensores (Aquí xa queremos facer a puntualización. O Servizos de Emerxencias solo abren as portas cando se produce unha emerxencias dentro da casa, caída de persoas. Persoas en situación difícil. Pota/sartén ó lume e sen acceso para o usuario, etc. En caso de esquecerse as chaves na casa, perdelas e chamar a Central Integrada de Emerxencias 112 (CIAE112 Galicia), a operadora diralle que eso non é unha emerxencia, e que deberá procurarse un cerraxeiro. Incluso pode que a Central dispoña dalgún teléfono o que chamar. Este servizo, en Ribadavia e redores, a veces botamoslle nos unha man a xente xa que non temos cerraxeiros na zona pero…SEMPRE que o solicite a través dos Servizos de Seguridade (sexan do estado ou locais), e dicir: Garda Civil ou Policía Local, e preferiblemente, con eles presentes, xa que nos non sabemos as circunstancias da vivenda , desahucios, orde alexamento, violencia de xénero, violencia psicolóxica, acoso etc. ou simplemente que a vivenda non sea súa (as vivendas con seguro xa lle procura a compañía un cerraxeiro).
En xuño 150 intervencións, servizos e operativos que abarcan parte da Fase2, Fase 3 e a Nova Normalidade.
4 accidentes de tráfico (2 con feridos, e 2 sen feridos), 2 Accidentes laboráis con precipitados en altura, 10 interevencións por animais soltos feridos ou mortos, 14 niños de velutinas (declarados emerxencia polo 112 a través do 012), 8 intervencións en estradas ou vías públicas por polas/árbores, pedras, combustibles etc
2 incendios forestais, 1 Incendio de tractor que facía tarefas de desbroce forestal. 104 operativos de Protección Civil dos que 88 desinfeccions residencias de maiores, Centros de Saude , PAC de Ribadavia, vehículos,e, empezamos cos parques infantis na fase 3 da desescalada, 3 aperturas de portas ascensores (requeridos polo 112, 061, 062 ou Policía Local)
e 3 actuacións en ríos por caídas ( 2 nas pozas de Melón nas que facía moito tempo que non tiñamos incidencias. Moito ollo!!!!!!) e 1 por subida de caudal no río Miño desbaixo da presa de Castrelo
En xullo 168 intervencións, servizos e operativos en plena Nova Normalidade
6 accidentes de tráfico (2 con feridos, e 4 sen feridos), 5 por animais soltos, feridos ou mortos, e 25 declaradas emerxencia por velutinas ou enxamios (declaradas polo 012 a través do 112 e nas que somos requeridos para intervir) 4 incidencias en estradas /vía pública por polas, árbores, pedras, combustibles, restos de accidentes etc., 123 operativos definidos de Protección Civil nos protocolos, dós que 91 siguen a ser a batalla diaria, das desinfeccións de Residencias, Pac, Centros de Saúde (Melón, Leiro e Ribadavia), parques infantís. Este mes de desinfección, diaria, de espazos (escenarios, público e control de accesos. Entrada e saída de público ordenada e con distancias) da Mostra Internacional de Teatro,conforme os protocolos COVID 19, nos que dar grazas especiais aos voluntarios de Protección Civil.
Aquí, neste resumo, non figuran os servizos de desinfección que fan os compañeiros dós servizos de limpeza en Ribadavia, cos parques infantís, e locais de afluencia de público no concello.
3 apoios aos Servizos sanitarios, e 2 aperturas de portas por persoas caídas dentro dás súas vivendas de persoas con mobilidade reducia. ( a requerimento do 112, 061, Garda Civil ou Policía Local)
Tamén, e por último, destacar o traballo dós noso voluntarios durante a xornada das eleccións autonómicas, cubrindo o concello de Ribadavia e Melón. Grazas.