La Vuelta 2016 Final etapas en Ribadavia e no Ribeiro

publicado en: NOVAS | 0

Rematada “La Vuelta 2016” en Ribadavia e no Ribeiro, temos que agradecer aos nosos 32 Voluntarios, e colaboradores, de Ribadavia (Omix), empresas que cederon material, algunha asociación, particulares que ofreceron a súa colaboración desinteresada, e que non foi necesario mobilizalas, a adicación a ela.
Non menos importante foi a colaboración cidadá: vehículos fora do percorrido (sobre todo nos núcleos rurais), ningún despiste durante as probas, ningunha saída de garaxe, ou adega, inoportuna.
Cedeuse un local para que Urxencias Sanitarias 061 para que as ambulancias non estivesen atrapadas no percorrido.
Falicitouse, e xestionouse, o aterraxe e ocupación do Xestal a 3 helicópteros da organización.
Reservouse e un acceso traseiro ao PAC (ambulatorio) e 2 voluntarios por si eran necesarios xa que carece de accesibilidade.
Trasládase aos veciños de Ribadavia, e do Ribeiro, a felicitación da Organización polo grado de colaboración e implicación de todos.  Moitísimas grazas.
Dar as grazas a PC Carballiño, Carballeda, Parada do Sil, Manzaneda, Pereiro de Aguiar e Avión ata un total de 65 Voluntarios e 4 Policías Locais. 2 Bombas Urbanas Lixeiras, 2 pick up e un Furgón de Salvamentos Varios con equipos de alta presión na contra-reloxo de onte con 10 núcleos de poboación e con 6 horas de traballo no noso Concello.
Na etapa de hoxe, participamos  40 voluntarios e 2 Policías Locais. 2 Bombas Urbanas Lixeiras, 1 pick up e un Furgón de Salvamentos Varios con equipos de alta presión ao longo de 9 núcleos de poboación.
O dispositivo estivo coordinado en todo momento pola nosa Xefatura. Interactuouse e cubríronse postos en común con outros concellos na comarca en permanente comunicación.
Solicitóusenos 27 postos a cubrir. Cubríronse 56.
Finalmente ás nosas insistentes demandas (4 reunións de coordinación) foron atendidas. Enviaronse  apoios, en labor de Seguridade Cidadá, a varios puntos do percorrido. Todo saíu como debe no Concello de Ribadavia e no Ribeiro
Grazas a todos.