Proba de sirenas dos Plans de Emerxencias de Presas (PEP) de Albarellos e Castrelo

publicado en: NOVAS | 0

AVISO Á POBOACIÓN
???? Martes 17 de xuño pola mañá
???? Proba de sirenas dos Plans de Emerxencia de Presas (PEP) de Albarellos e Castrelo

O vindeiro martes 17 realizarase a proba anual das sirenas das presas de Albarellos e Castrelo de Miño. Soarán os sistemas de aviso en varias zonas do Concello de Ribadavia para comprobar o seu funcionamento e que a poboación saiba recoñecer o sinal de evacuación ????

???? Zonas onde se escoitarán as sirenas:
Santa Cristina, Francelos, A Foz, Prexigueiro, Ribadavia, A Quinza, San Cristovo
???? Tamén poderán escoitarse en Valdepereira, San Paio, Ventosela, A Franqueirán e Sanín, ue aínda que os seus núcleos non están afectados por estes Plans si deberan recoñecer este sinal acústica.

✅ NON hai que facer nada ao escoitalas. É só unha proba. A actividade diaria pode continuar con normalidade.

ℹ️ Máis información e plans completos aquí:
???? PAM pola rotura da presa de Albarellos
???? PAM pola rotura da presa de Castrelo

???? Versións gráficas e resumidas dos plans:
???? Plan Albarellos visual
???? Plan Castrelo visual
#GESRibadavia #ProtecciónCivil #Prevención