Durante os meses de maio e xuño, realizáronse un total de 125 intervencións que abranguen unha ampla variedade de ámbitos, dende accidentes de tráfico, emerxencias por incendios, atención a incidencias en vías públicas, ata operativos de carácter preventivo e de apoio a eventos.
- Accidentes de tráfico
En total xestionáronse 17 accidentes, dos cales:
- 12 con feridos
- 4 sen feridos
- 1 relacionado con maquinaria agrícola
- Incidencias con animais
Rexistráronse 22 actuacións por presenza de animais soltos, feridos ou mortos en vías públicas ou zonas habitadas.
- Control e retirada de niños de velutina e abellas
- 20 niños de velutina foron retirados.
- Ademais, realizouse 1 recuperación dun niño de abellas nun piso.
- Incendios
No conxunto dos dous meses interviuse en 11 incendios, distribuídos do seguinte xeito:
- 9 en vehículos (incluíndo 2 falsas alarmas)
- 2 forestais
- 1 urbano
- 1 falsa alarma forestal
- Incidencias en estradas e vías públicas
Realizáronse 9 intervencións por caída de árbores, desprendementos, verteduras, restos de accidentes e problemas con tendidos eléctricos ou telefónicos.
- Apoios a Urxencias Sanitarias
En total prestáronse 6 apoios ao helicóptero de Urxencias Sanitarias, e 1 apoio adicional por caída dun ciclista.
- Apertura de portas por emerxencias no fogar
Atendéronse 3 situacións de apertura de portas, todas por persoas accidentadas no interior da vivenda.
- Operativos de busca
Realizáronse 2 buscas de persoas:
- 1 persoa desaparecida no río Miño
- 1 persoa perdida en Cenlle, felizmente localizada.
- Actividades e operativos de Protección Civil
Sumáronse 28 operativos de Protección Civil ao longo dos dous meses, destacando:
- Dispositivos preventivos en eventos locais (Feira do Viño, Rally de Ourense, San Xoán, etc.)
- Xornadas formativas e educativas, como a de educación vial no CEIP Plurilingüe de Ribadavia e a Xornada de PC.
- Labores técnicas e de mantemento, como o seguimento da estación meteorolóxica da AEMET.
- Accións informativas, entre elas a colocación de bandos e apoio en probas de sirenas no marco dos Plans de Presas de Albarellos e Castrelo.
#GESRibadavia #ProtecciónCivil #Prevención #Precaución