Tempo de poñervos os datos do Servizo de Emerxencias e Protección Civil referidos ao mes de marzo:
19 accidentes de tráfico dos cales 6 foron con feridos de diferente consideración. 1 búsquea de persoa desaparecida, 1 persoa maior precipitada e 1 apoio a o helicóptero por accidente con maquinaria agrícola. En total 9 feridos
1 incendio nun galpón e 1 conato de lume forestal por unha queima.
5 aperturas de portas. 6 incidencias en estradas ou vía pública por verquidos/derrames etc.
11 chamadas por animais soltos/feridos ou mortos. 16 operativos de protección civil
Un dato curioso e que recibimos, do CAE112 Galicia, 9 chamadas por incidencias na circulación dende o tramo en obras na A-52 en Melón, por conos, sinais de obras ou obxectos na vía pública. Ademais, 2 dós accidentes sen feridos, contra conos de sinalización, foron nese tramo. En total 71 intervencións e operativos no mes pasado.