Pasamos a informarvos da actividade dos meses de setembro, 127, e outubro 125, servizos e intervencións
En setembro 6 accidentes de tráfico dos que 3 foron con feridos, que desexamos estean recuperados, e 3 sen feridos.
9 servizos con animais soltos, e 4 con animais feridos ou mortos.
25 intervencións con niños de velutinas de risco no noso ámbito de actuación (10 concellos)
2 servizos de colocación e mantemento de 25 trampas municipais para as velutinas xa da campaña de outono.
2 intervencións por incendios en vehículos, 6 intervencións por incendios forestais durante os lumes que afectaron este mes o concello, e 1 incendio urbano
2 servizos pola activación plan de emerxencia por seca. Carga de cisternas no Avia, e descarga na ETAP.
5 Incidéncias en estradas por árbores/polas, 6 por aceites/combustibles/restos de accidentes/cables. 3 prevención de riscos
1 servizo por inundación en vivenda por rotura de tubaxe. 3 aperturas de porta (1 por persoa caída no seu interior), as outras dúas a solicitude dás forzas da orde.1 Apoio sanitario o helicóptero de urxencias sanitarias H4.
51 operativos de protección civil deste mes repártense entre baldeos. Festas patronais – dispositivos para as tiradas de fogos. Cargas depósitos auga uso doméstico. Facilitar alimentos a persoas en acollida. Mantemento estación meteorolóxica
Tamén, e a solicitude do Distrito Forestal VIII de Monforte, o intento de recuperación do helibalde perdido no Miño durante os lumes forestais de Barcia/Ribadavia. Seguimos en ela sen resultados de momento. Colaboración dos nosos voluntarios na romaría dos Milagres.
En outubro 13 accidentes de tráfico dos que 7 foron con feridos e 6 sen feridos
12 intervencións por animais soltos e 3 animais feridos ou mortos. 16 niños de velutinas de risco.
22 intervencións por árbores ou polas neste temporal de vento e choiva, e 3 incidencias en estradas baches, restos de tellados, combustibles
1 incendio en vehículo. 2 incendios urbanos.
1 verquido de lodo na estrada. 11 servizos de previsión de risco; entre outros a limpeza de sumidoiros retirando as follas que por arrastre das choivas constantes taponan os sumidoiros, e xeneran bolsas de auga perigosas en certos puntos das estradas.
2 servizos de apoio sanitario o helicóptero de urxencias sanitarias, e acceso para atender a persoa caída na casa.
3 servizos aperturas de portas por persoas caídas na casa, e con dificultades de movemento.
35 operativos de protección civil: Día da bici, Noite meiga, Xornada provincial de protección civil, baldeos, facilitar alimentos a persoas en acollida, colaboración con o departamento de Asuntos Sociais, mantemento da estación meteorolóxica, e continuamos insistindo na recuperación do helibade perdido no Miño…etc
#GESRibadavia #ProtecciónCivil #Prevención #Autoprotección