Resumen de actividade de xaneiro de 2018

publicado en: NOVAS | 0

Pasamos a informarvos das 53 intervencións e operativos realizados en xaneiro de 2018
4 accidentes de tráfico. 4 incidencias na circulación con verquidos etc. 4 aperturas de portas 2 delas con xente con mobilidade reducida. 9 operativos de protección civil, no que destaca a cabalgata de reis que sempre fai que necesitemos a axuda dos nosos voluntarios (20) para intentar que non se produza ningún accidente coas carrozas e os nenos que recollen caramelos do chan.
7 animais soltos/feridos ou mortos, nas fotos podedes ver o que nos din os técnicos que e unha garduña que foi liberada próxima ao sitio no que apareceu.
17 actuacións coa Vespa Velutina e queremos insistir que nesta época, os niños que se ven pola caída da folla dás árbores, están sen actividade e as vespas, mortas. Nestes niños, aínda que non se destruían porque son inaccesibles ou outras razóns, non volven a criar. O normal e que ao non ter o mantemento das obreiras acaben rompendo polas inclemencias meteorolóxicas.  De eses niños saíron para hibernar a finais do outono,  as novas raíñas fecundadas que darán paso  aos niños primarios, do tamaño un pouco maior que unha pelota de tenis e que os constrúen, xeralmente, nos aleiros das casas, galpóns etc. A partires de aí, es comeza o novo ciclo do niño. Nos marcamos as árbores con unha N ou unha I ben visibles para indicar que xa foi visitado por nos e ou ben está Neutralizado ou e Inaccesible.
3 chamadas por incendios en vehículos das cales 1 era unha falsa alarma. 4 incendios urbanos  de eles 3 relacionados coas estufas ou chemineas  e 1 coa campá extractora.
Si mais o dicimos mais pasa: a limpeza das chemineas e fundamental facela ó menos 1 vez no ano. A instalación das estufas de leña , a debe facer persoal profesional . Ocorre que son moitos incendios por estar deficientemente instaladas.