Resumen de actividade febreiro 2016

publicado en: NOVAS | 0

E o tempo de darvos os datos dos 93 servizos, entre intervencións e operativos, do mes de febreiro, e que se non fora polos riscos de enchentes severas, cos encoros a sobordar, sería un mes “tranquilo”.
En definitiva actuouse en 2 accidentes con feridos y 8 sen feridos. Atendéronse 15 chamadas por animais soltos-feridos ou mortos.1 incendio nun remolque dun trailer, xunto o tunel da Cañiza.  1 chamada por incendio en vehículo (falsa alarma). Isto e moi común ao confundir a avaría dos turbos, xa que xeran unha fumeira moi negra aínda que non produce lume. Ante a dúbida sempre se sae a atender a chamada.
Iso si, chegou algo de frío e houbo ¡4 incendios en chemineas! e 1 incendio nunha cociña.
4 aperturas de portas, ou acceso a vivendas, con persoas caídas ou feridas na súa vivenda (persoas maiores unha das cales, por desgracia, resultou finalmente falecida).
En estradas atendemos, e case en exclusiva producidas polos temporais, 10 incidencias por árbores ou polas, 5 por líquidos/combustibles, 6 limpeza/retirada postes, pancartas/terra-pedras/cables eléctricos,
2 actuacións de prevención de riscos por avenidas, 1 por anegamentos, 2 de danos asociadas a situación meteorolóxicas adversas.
17 operativos programados nos que non están incluídos, neste resumo, o seguimento da implantación do plan e emerxencia de presa (Castrelo), aínda que se fixo, se tomou boa nota, e se fixeron as oportunas recomendacións para sucesivas probas.
https://www.youtube.com/watch?v=Q_3KlrPqaiM&feature=youtu.be
https://www.youtube.com/watch?v=V-5bpCNBmo8