Actualizamos a información referida a esta serie de avenidas mostrando a evolución das dúas estacións de seguimento da SAIH que ten Ribadavia, e a mostrando algúns dos métodos que xa non usábamos e tivemos que recuperar ante a caída da estación N027 (A Barca – Miño) precisamente cando entrou no Umbral de Alerta e case chega ao mesmo Umbral a da ponte de San Francisco (N013).
Estase a normalizar a situación, e as oscilacións no caudal do Miño e agora mesmo o mais preocupante xa que do Sil e o Miño está a chegar moita auga e, a nosa zona da Foz, ten moi pouco marxe (Os veciños da zona saben disto mais que nos e o mais perigoso e o tráfico. Os usuarios de esta estrada, de Arnoia fundamentalmente, deben estar moi atentos a esta estrada ata que se normalice esta situación)
O Avia, pola súa parte, e aínda que seguimos por derriba no Umbral de Activación, vaise comportando ben, seguen anegadas certas zonas en San Cristobo e xa demos posto ao día tanto a zona da Veronza, que foi a mais afectada, como A Quinza, onde a ponte xa puido ser aberta (Aí tedes as fotos do gran deseño que fixo Camilo e a súa escola taller xa fai unha morea de anos, e fartos de renovar as barandillas)
Ás previsións que nos dan para os próximos días son de choivas que poderan ser fortes pero non alcanzaran a intensidade das anteriores, de tódalas maneiras ata que Albarellos non deixe de laminar a auga que lle chega non se dará por normalizada a situación (agora mesmo esta a verter 1metro, e no momento mais desfavorable case 3 metros -260,82msnm)
http://saih.chminosil.es/index.php?url=/datos/resumen
http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/municipios/horas/ribadavia-id32069
http://www.cazatormentas.net/ultima-hora-sobre-el-posible-ciclon-subtropical-en-el-atlantico-norte-y/
http://redmeteo.blogspot.com.es/
http://www.4gotas.com/tiempo/ourense/ribadavia#/predicion/meteoros/12-01-2016/4
https://www.periscope.tv/w/1jMJgjewyRqGL
https://www.periscope.tv/w/1yoKMdWzqODxQ