No 58 Rallye Ourense Recalvi 2025 terán a saída dous tramos cronometrados da 2ª Etapa en Ribadavia, o TC09 ás 11:00h e o TC13 ás 16:05h.
As estradas e rúas afectadas estarán cortadas ao tráfico en todo o tramo dende as 9:30h do sábado 14 de xuño ata as 17:30h deste mesmo día.
Estará prohibido aparcar dende ás 8:00h ata as 17:30h do sábado nas rúas e estradas que se indican. Cómpre sinalar que no barrio de San Francisco poderá estacionarse nos lugares habilitados.
Sábado 14, 2ª Etapa
Estradas e rúas afectadas*
A intersección da rúa San Martiño con Progreso estará cortada, polo que a saída destes veciños habilitarase a través da rúa Rego de Agua, na que se cambiará o sentido de circulación no horario sinalado
Rúa Progreso dende o cruce (OU-406) Ponte San Francisco ata estrada do Pavillón
— OU-0305 Ribadavia- A Foz — A Arnoia (A Barca/A Reza)
— OU-402 A Arnoia- Castrelo de Miño
— Todas as indicadas e as que interseccionen con elas
Recomendacións:
— Facede a previsións oportunas para este día e estes horarios.
— Si tedes que viaxar, deixade os coches en rúas/estradas que non interseccionen coas afectadas pola etapa.
— Especial atención as mascotas e animais domésticos. Poden producir accidentes graves. Os propietarios deben coidar, moi especialmente, que non poidan acceder ás vías por onde discorra a proba.
— As estradas secundarias, locais, pistas agrarias ou paseos fluviais que dan saída en vehículo as estradas principais cortadas ao tráfico pola carreira, e posible que teñan mais afluencia de tráfico do normal por iso prégase circular por elas con moita precaución e non facer uso do vehículo se non e absolutamente necesario.
— Soamente se pode seguir a proba nos tramos nos espazos reservados e sinalizados ó público a tal efecto (cinta amarilla),e sobre todo as Zonas Especiais
- Lembrade seguir en todo momento as indicacións de Policía Local, Garda Civil, voluntarios de Protección Civil e voluntarios da organización do Rallye.
Desfrutade de 58 Rallye Ourense Recalvi con seguridade
Información Rallye:
Web https://www.rallyeourense.es/rallyes/58-rou/
Etapas https://www.rallyeourense.es/wp-content/uploads/2025/03/Mapa-2025-A3-BN.pdf
#GESRibadavia #ProtecciónCivil #Prevención #Precaución