Actualizamos a información das intervencións e operativos dos meses de marzo e abril de 2017 con 56 e 58 servizos rexistradosMarzo pechouse con 5 accidentes con feridos de diferente consideración (ningunha de las grave e aos que lle desexamos unha recuperación total), 4 sen feridos e un accidente laboral.Participamos con 5 voluntarios na procura dunha persoa desaparecida en Castro Caldelas, desgraciadamente sen resultados a día de hoxe.3 incendios urbanos, 2 forestais. 7 intervencións en estradas por árbores/polas/verquidos ou derrames. 5 chamadas por animais soltos/feridos ou mortos. 4 actuacións por prevención de riscos producidas polo vento. 5 avisos por caídas en domicilios/ascensores/portas. Participouse, xunto coa Policía Local, en diferentes xornadas de Seguridade Vial, e no fogar, nos talleres de memoria organizados polos Servizos Socias, o resto son diferentes operativos de mantemento de bocas de incendios, mantemento da estación meteorolóxica, e apoio a Policía Local etc.En abril 3 accidentes sen feridos, 2 incendios urbanos, 9 incendios forestais, 3 en vehículos e 1 falsa alarma. 5 chamadas por animais soltos/feridos ou mortos, 3 chamadas por niños de abellas e 1 por aviso de Velutina. 5 incidencias con obstáculos en estradas. 3 apoios sanitarios ao helicóptero de emerxencias, 2 aperturas de portas/ascensores e 1 intervención pola rotura da canalización da central de Cabanelas.A Semana Santa, Angustias, Feira do Viño, simulacro na Fábrica dos Chaos, probas das sereas dos Plans de Emerxencias das presas de Castrelo e Albarellos etc. completan os operativos deste mes.