Resumen de actividade de maio e xuño 2017

publicado en: NOVAS | 0

Actualizamos a información sobre intervencións e operativos dos meses de maio (64) e xuño(71) de 2017. Meses “tranquilos” , dende o punto de vista das intervencións, agás os lumes forestais e as incidencias por Vespa Velutina.

Os datos  de maio serían:
3 accidentes de tráfico, e 1 accidente laboral con 2 feridos leves en total. 1 incendio urbano, 2 incendios forestais, 1 incendio en vehículo, e 1 incendio eléctrico. 2 apoios ao helicóptero de urxencias médicas . 1 intervención para facilitar ao acceso a unha vivenda dos servizos médicos, e  forzas da orde, por éxitus  (persoa falecida) no seu domicilio. 3 intervencións por  Vespas Velutinas, e 10 chamadas por animais soltos/feridos ou mortos. 2 aperturas de portas ou ascensores. 8 intervencións por verquidos, derrames, bolsas de auga, cables, restos de accidentes etc.  todos  na vía pública. O resto foron operativos nos que, en algúns, participamos xunto cos nosos Voluntarios de Protección Civil: Feira do Viño. Baixada Carrilanas. Desfile EAR. Exhibición da Garda Real. Simulacro CEPSA Maside. Tamén se realizou  un Curso Básico de Protección Civil en Ribadavia nos que participaron 3 novos voluntarios nosos…

En xuño:
7 accidentes de tráfico nos que en 4 houbo feridos de diferente consideración (ningunha delas grave) que desexamos estean totalmente recuperados. 1 incendio urbano, 1 incendio en mobiliario urbano e 8 incendios forestais (1 deles próximo a vivendas). 12 chamadas por animais soltos/feridos ou mortos das que 7 eran Vespas Velutinas ( e van 22 ata o de momento este ano na nosa zona de intervención que, para estos menesteres, abarca O Ribeiro… e mais alá). 10 intervencións por verquidos, derrames, cables, restos de accidentes, árbores/polas etc.  na vía pública. 3 apoios ao  helicóptero de urxencias médicas. 3 aperturas de portas (1 delas para acceso dos servizos médicos por unha persoa maior que sufrira unha caída nas casa). O resto son operativos de apoio a Policía Local para regular tráfico. Apoio en actos culturais. Colaboración coa Volta Ciclista ao Ribeiro, na que participouse xunto con 20 voluntarios de PC. Apoios as brigadas da Deputación prestando servizo coa BUL…no asfaltado de rúas e camiños no rural etc.