Resumen de actividade de setembro. 2016

publicado en: NOVAS | 0

Un mes, este o de setembro, tranquilo dende o punto de vista dos servizos de emerxencias realizados.
Os 91 servizos repartíronse en:  7 accidentes de tráfico (5 con feridos e 2 sen feridos) 1 accidente laboral con un total de 8 persoas feridas de diferente gravidade aos que desexamos pronta, e satisfactoria, recuperación.
Interviñemos en 8 servizos con animais soltos, 7 feridos ou mortos e…¡¡ 17 enxames!! 1 deles de vespa velutina na nosa zona de intervención.18 actuacións na vía pública por bolsas de auga, verquidos ou restos de accidentes, anegamentos.1 incendio de vehículo e 3 incendios, ou conatos, de carácter forestal. 4 aperturas de portas.1 apoio sanitario.1 búsquea de persoa desaparecida que finalmente a atoparon veciños e Garda Civil en bo estado. 2 actuacións con persoas en situación difícil resoltas satisfactoriamente, e 19 operativos programados nos que destaca o seguimento das diferentes actividades das festas do portal , carreira popular etc