Tempo de inverno. Tempo de Nadal (Recomendacións)

publicado en: NOVAS | 0

Xa e tempo de inverno. Xa e tempo de Nadal.
Imos deixarvos unhas recomendacións de campañas de #prevención contra os incendios nos fogares que se fan polo mundo adiante para e reducir, ou mellor eliminar, os riscos asociados ás calefaccións e aparellos eléctricos.
A compra e instalación dun(s) simple(s) detectores(s) de fume e monóxido de carbono e fundamental.
Prevención no fogar: Estufas e chemineas a leña
As estufas e chemineas a leña estanse a transformar nunha fonte de calor común nos fogares.
Poñer atención á seguridade pode minimizar o risco de incendios destas.
Para un uso seguro:
Asegúrese de que a cheminea ou estufa estea instalada correctamente. As estufas a leña deben ter unha separación suficiente (90 cm) das superficies combustibles, e apoio e protección adecuados no chan.
As estufas a leña deben ser de boa calidade, e construción e deseño sólidos. Compre estufas a leña que fosen avaliadas por normas europeas
Faga revisar a cheminea cada ano, e fágaa limpar se é necesario, especialmente se non se usou por algún tempo.
Coloque unha pantalla de vidro ou metal fronte á abertura da cheminea para evitar que saian brazas ou faíscas, ou que entren obxectos non desexados á cheminea, e axudar a previr a posibilidade de queimaduras dos que viven alí.
A estufa debe facerse funcionar a alta temperatura dúas veces ao día por 15 a 30 minutos para reducir a acumulación de creosota (feluxe).
Non use cantidades excesivas de papel para facer un lume inmenso na cheminea. Se o fai, podería prenderse lume a creosota na cheminea.
Xamais queime carbón dentro da casa. Isto pode producir cantidades letais de monóxido de carbono.
Manteña os obxectos combustibles afastados da repisa da cheminea. Unha faísca da cheminea podería prender lume rapidamente a eses obxectos.
Antes de ir a durmir, asegúrese de que o lume da cheminea estea apagado. XAMAIS peche o tiro se hai cinzas quentes na cheminea. O tiro pechado axudará a que o lume se acenda novamente e fará que entre monóxido de carbono na casa.
Se se usan paus sintéticos, siga as instrucións do paquete. NUNCA rompa un pau sintético para acelerar o lume ou use máis dun pau á vez. En xeral quéimanse en forma desparella, eliminando concentracións máis altas de monóxido de carbono.
Quédavos uns pictogramas con indicacións para normas de seguridade cos aparellos eléctricos e un enlace a unha páxina moi interesante…
http://www.nyc.gov/…/08_smoke_and_carbon_monoxide_alarms_sp…